Ao entrar neste salón, comprenderás o seu nome. Un espazo reservado para a tranquilidade, para compartir unha agradable conversación ou para saborear un bó libro despois dunha boa ruta de senderismo e dunha deliciosa ducha de augua quente..., un lugar deseñado para o repouso, a relaxación e inclusive a inspiración, un espazo para «desconectar».
Tamén se pode empregar como espazo para reunións de traballo de carácter máis informal, para pequenos grupos que precisen dun lugar aberto para traballar, recibir formación..., é dicir, unha sala de reunións integrada en plena natureza.
A nosa cociña caracterízase, pola elaboración dunha carta na que se rinde homenaxe á gastronomía típica da Serra, como non podería ser doutro xeito. Son pratos de sinxela elaboración, adaptados á oferta da tempada, con productos de primeirísima calidade, na que nunca poden faltar os seus caldos e as súas carnes, que de certo, farán as delicias de calquera padal.
Este bó facer de tódolos nosos servizos leva sendo recoñecido durante anos pola guía do Clube de Gourmet tour, na guía Mondial Assistance de El País Aguilar de hoteles e restaurantes de España e na guía da boa vida de El País Semanal.
Poderás disfrutar duns almorzos exquisitos á vez que enerxéticos e contundentes. Unhas boas torradas de pan de bola de trigo e de centeo, untadas con rico mel da Serra, un zume de laranxa natural e un riquísimo café con leite, todo isto contemplando unha panorámica espectacular dos picos máis altos dos Ancares..., a mellor forma de prepararse para saír a coñece-la nosa terra.
A Sala Vilarello é o espazo ideal para todos aqueles que necesitan celebrar reunións de negocio, pequenas convencións, presentacións de produtos, acordos comerciais ou impartir actividades formativas como xornadas, cursos, conferencias,... nun ambiente relaxado e afastado do bullicio da cidade no que poderán compatibilizar as súas sesións de traballo coa práctica de actividades de lecer e deporte como as de rutas de senderismo polos lugares máis fermosos da Sierra, co asesoramiento do persoal do noso hotel.
A sala está dotada dun completo equipo técnico (pantalla de plasma de alta resolución de 42'', DVD, equipo de son hifi, etc).
A sala de conferencias do hotel ofrécelles un espazo perfecto co equipamento necesario —videoproxector, equipo de son— para a celebración de conferencias, pequenos congresos, etc.
Concienciados e preocupados por cubri-las necesidades de tódolos nosos clientes, o hotel dispon de rampas tanto de acceso, coma para desplazarse polo seu interior, así coma dunha habitación perfectamente acondicionada para satisfacer as necesidades de calquera persoa que se desplace en silla de rodas ou teña algunha discapacidade física. Estamos adaptados á lei de supresión de barreiras arquitectónicas co obxetivo de facilita-la estadía e o disfrute de calquera persoa nestas paraxes.
Dispoñemos dun aparcadoiro na parte dianteira do hotel, con capacidade para aproximadamente 20 coches.