Hotel Piornedo: hotel en Ancares, Galicia > hotel
Skip to content

hotel piornedo


Filosofía

Do Hotel

A partir dun trato familiar e directo, o persoal dol Hotel Piornedo ofrécenos un lugar para o descanso e o disfrute do tempo libre en plena natureza. Un lugar acolledor e cheo de feitizo, idóneo para evadirse do estrés e do mundanal ruido das cidades...para desconectar. Un lugar onde o aire puro e unha boa comida caseira están garantidos para despois disfrutar dunha boa camiñata por unha das múltiples rotas que recorren estas montañas.

Hotel Piornedo

Xeral

Como fillos desta serra que somos, sentiamonos moi preocupados polo imparable crecente nivel de emigración desta terra que, estaba e está, dexando despoboadas gran cantidade de pequenas aldeas. Sentíndonos en débeda con ela, comezamos a andaina co noso pequeno negocio familiar...

Sensibilizados polo respeto e a conservación do medio ambiente en xeral e desta fermosa Serra de Ancares en particular, traballamos por conseguir unha iniciativa turística de calidade, alonxada de masificacións e sensibilizada co desenrolo equilibrado e sostido do noso entorno. Intentamos demostrar que hai formas de xerar benestar nesta zona, sabendo aproveita-los seus recursos pero sen danala nin explotala e esfozámonos por crear conciencia social neste senso. As posibilidades de progreso desta terra irán en aumento, se entre todos, xentes da serra e turistas, aprendemos a valorar e conservar, tanto o patrimonio natural coma o cultural que posuímos, que é riquísimo e entre todos debemos protexer. Deste xeito, xeracións vindeiras tamén poderán disfrutar do espectáculo para os sentidos que supón adentrarse por estes paraxes.



Declaración de accesibilidade | Información legal | Información meteorolóxica | Contacto
Castelán | Galego | Inglés | Alemán

Piornedo. Ancares. 27664 Lugo. España
T +34 982 161 587 - 982 151 351
F 982 161 433