O noso hotel é un lugar íntimo e acolledor no que se combinan a pedra e a madeira co lume das súas chemineas, marco perfecto para a realización de pequenas celebracións, reunións, convencións... ou simplemente para esa escapada de fin de semana tan necesaria, a un lugar que che permitirá desconectar...aínda que só pases aquí dous días.
Trátase dun edificio de nova construcción, que comezou a erguerse en 1980 dirixido polo arquitecto lucense Antonio González Trigo. Inicialmente tratábase dun pequeno hostal de 15 habitacións, repartido en tres alturas; un baixo (para almacén), unha primeira planta (para cafetería, cociña e restaurante) e unha segunda planta (para as 15 habitacións). A estética do hostal daquel entón é difícil de recoñecer hoxe en día, posuía un pequeno balcón que unía duas habitacións e tódalas ventás do edificio estaban cubertas por contras de madeira de castiñeiro. As paredes tamén eran de pedra de granito, como son hoxe, anque a colocación destas e a súa preparación previa no corte non conseguía dar a súa fachada o aspecto e a imaxe que ten hoxe.
Posteriormente en 1995 levaríase a cabo unha ampliación e unha remodelación da fachada inicial dol hostal, da man do arquitecto Pedro de Llano Cabado, arquitecto referencia na arquitectura popular de Galicia do que tivemos a honra de que dirixira a nosa obra, e o seu equipo (principais precursores da rehabilitación da aldea de Piornedo). A ampliación consistiría en adosarlle ao edificio orixinal, outro edificio de 2 alturas, na que a súa parte inferior serviría de garaxe e a parte superior estaría dividida en dúas partes; una zona de descanso, a sala mirador (con vistas espectaculares ao val que conduce a Navia de Suarna) e 11 habitacións máis, co que xa dispuñamos de 26 habitacións.
Dende outubro de 2004 comezamos unha terceira fase dirixida polos arquitectos Alfonso Salgado Suárez (pertencente ao equipo da fase anterior) e Francisco Xavier Liñares Túñez. Grazas ao aumento do turismo na zona e a nosa inquedanza por seguir mellorando, esta nova reforma estanos permitindo adaptalo para obte- la categoría de Hotel... por iso reducimos as habitacións a un total de 23, facéndoas máis espaciosas e dotándoas todas con baño. Estamos preparando tamén unha sala para pequenas convencións, conferencias, reunións, impartir actividades formativas ou exposicións, así como, acondicionando os exteriores do Hotel, axardinandoo e prantando especies de árbores autóctonos coma o capudre (serbal dos cazadores), cerdeiras ou teixos..., marcando o perímetro do Hotel cun pequeno muro de pedra e adoquinando a zona de aparcadoiro.
Todo isto para marcar, seguramente, un punto e seguido na historia deste edificio ...